axencia dixital
Deseño Web
En Paxinarte –
Deseño Web Galicia
dispoñemos de varias tarifas en función do tipo de servizo que necesites, adaptadas ás tres modalidades máis demandadas na nosa axencia de
desenvolvemento web
profesional. Para unha solución máis personalizada non dubides en contactar con nós e enviarémosche un orzamento adaptado ás túas necesidades. O noso equipo conta con ampla experiencia na elaboración de todo tipo de
páxinas web
para particulares e empresas. Se buscas un
deseñador web en Galicia
cun gran coidado pola estética e a imaxe do teu negocio, en Paxinarte estaremos encantados de axudarche a facer realidade o teu proxecto dixital.
Deseño landing page
Tarifa bronce
Esta modalidade é especialmente útil para autónomos e profesionais de negocios pequenos ou ben para aqueles que queiran unha web para unha evento concreto ou un novo produto. É un deseño cunha soa páxina moi extensa, con diferentes apartados nos que se expoñen as características do teu negocio.
Que inclúe?
Inclúe un deseño de páxina extensa ou landing page adaptado completamente ao teu negocio, cun menú que dirixe aos diferentes apartados da páxina e personalización de cores, logos e demais elementos visuais. Todas as nosas platillas inclúen SEO básico, o que permite que sexan visibles para Google e outros motores de búsqueda.
Que tes que aportar?
Para poder realizar a túa páxina a nosa axencia de deseño web necesita tres cousas: logotipo, textos e imaxes. Pódesnolas achegar ti ou se prefires que nos encarguemos nós destas cuestións podes consultar as nosas tarifas na área de comunicación. Tamén necesitaremos que nos digas as 3 cores que queres empregar na paleta na túa web (por suposto nós aconsellámoste e asesorámoste en todas as fases do proxecto).
Prezo páxina web
Tarifa bronce: 350 euros (IVE 21% non incluído).
Deseño web personalizado
Tarifa prata
Se necesitas unha web con varias páxinas porque contas con diferentes tipos de produtos ou varias seccións, esta tarifa é exactamente o que che fai falta. Persoais de alta calidade e 100% personalizables, perfectas para
deseño web corporativo.
Que inclúe?
Inclúe un deseño dunha web con ata 8 páxinas. O deseño escóllese entre a nosa selección de plantillas de gran calidade, podendo ser personalizado ata o máis mínimo detalle, adaptándose á tipografía e ás cores do teu negocio. Todas as nosas plantillas inclúen SEO básico, o que permite que sexan visibles para Google e outros motores de búsqueda.
Que tes que aportar?
Para poder realizar a túa páxina a nosa axencia de deseño web necesita tres cousas: logotipo, textos e imaxes. Pódesnolas achegar ti ou se prefires que nos encarguemos nós destas cuestións podes consultar as nosas tarifas na área de comunicación. Tamén necesitaremos que nos digas as 3 cores que queres empregar na paleta na túa web (por suposto nós aconsellámoste e asesorámoste en todas as fases do proxecto).
Prezo páxina web
Tarifa prata: 650 euros (IVE 21% non incluído).
Prezo por páxina extra: 100 euros (IVE 21 por cento non incluído).
deseño web a medida
Tarifa ouro
Se queres que a tua web destaque entre as demais cun deseño orixinal e personalizado ao teu gusto onde poderás configurar cada sección ao detalle, a tarifa ouro é sen dúbida a túa mellor opción. Inclúe
deseño web de tenda online.
Que inclúe?
Inclúe un deseño de web con ata 8 páxinas. O deseño elebórase dende cero, puidéndose realizar ata 3 revisións do mesmo. A web entera, incluídas as cores, tipografía e estrutura das seccións, estará configurada absolutamente ao teu gusto. Se precisas dunha tenda online, unha web en varios idiomas ou simplemente unha páxina cun servizo especial, esta é a túa tarifa.
Que tes que aportar?
Para poder realizar a túa páxina a nosa axencia de deseño web necesita tres cousas: logotipo, textos e imaxes. Pódesnolas achegar ti ou se prefires que nos encarguemos nós destas cuestións podes consultar as nosas tarifas na área de comunicación. Tamén necesitaremos que nos digas as 3 cores que queres empregar na paleta na túa web (por suposto nós aconsellámoste e asesorámoste en todas as fases do proxecto).
Prezo páxina web
Tarifa ouro: 950 euros (IVE 21% non incluído).
Prezo por páxina extra: 100 euros (IVE 21% non incluído).
Diseño web responsive
Todas as nosas webs contan cun deseño 100% responsive. Pois moi ben dirás, e que significa iso? Significa que a tua páxina conta con deseño web e móbil, polo que está adaptada para o seu uso en dispositivos móbiles, como tablets ou smartphones. Isto é posible modificando os textos e as imaxes para que se vexan mellor nestes dispositivos.
Proceso
Que como creamos a tua web? Pois a modiño e con boa letra. Estruturamos todo o proceso en catro fases e comunicarémonos contigo cada vez que finalicemos unha delas. Como axencia de deseño web comprendemos moi ben a importancia que os nosos clientes dan á sua páxina, xa que é a cara visible do seu negocio. É por iso que mantemos unha comunicación cercana co fin de que o teu sitio web quede exactamente ao teu gusto e co mellor deseño de páxina web profesional.
Hosting e dominio
Seguramente oíses falar destes dous termos. O dominio é a dirección html que queres para a túa web (ej: paxinarte.gal). O aloxamento é o espazo de almacenamento de todo o contido da túa web, que está en servidores virtuais para que sempre estea dispoñible para todo o mundo. É necesario que nos facilites aloxamento e dominio. Se non o tes ou prefires que cho xestionemos nós non hai ningún problema, ofrecémosche un servizo de aloxamento e dominio anual por 100 euros.
deseño de imaxe corporativa
Para poder crear a túa páxina web primeiro necesitamos entender o teu negocio. Nesta fase seleccionamos a gama de cores, tipografía e outros elementos visuais que che definen a ti ou á túa empresa. Unha vez establecida a identidade corporativa, propoñerémosche varios deseños para a túa web para que escollas o que máis che guste ou mesmo, no caso de escoller a tarifa oro, axudámosche a crear un deseño á túa medida.
creación de páxina web
Introducimos no deseño os textos e fotos que nos proporcionaches, ou que realizamos nós no caso que contratases as nosas tarifas da área de comunicación.
Adaptación ó rgpd
Antes da publicar a túa nova web verificamos xunto a ti que todo está perfecto, así como que a páxina estea adaptada ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) da Unión Europea. É un proceso moi sinxelo, xa que che deixaremos a web configurada para que tan só teñas que encher un formulario e cumprir así con este requisito legal.
Servizos
Todas as nosas tarifas non inclúen IVE (21%) e non hai custos adicionais acorde á nosa política de transparencia. Se algún dos nosos servizos de deseño profesional de páxinas web non se adapta exactamente ao que necesitas, non dubides en consultarnos, enviarémosche un orzamento personalizado.
Deseño web profesional
Os nosos deseños buscan sempre a máxima calidade para a web do teu negocio e facémolo a través dun gran coidado pola estética.
Axencia dixital creativa
O noso equipo busca solucións creativas para cada negocio, deseñando en cada web unha imaxe moderna, elegante e de confianza.
Páxina web a medida
Sexa como sexa a web que necesitas, nós sabemos adaptarnos. Ofrecemos infinitud de opcións de personalización a medida.
Preguntas Frecuentes
pódese crear unha web sen aloxamento e dominio?
Non, é imposible. Para poder ter unha web en liña hai que pagar por estes servizos a empresas de aloxamento (non a nós). O ideal sería que ti os contratases pero se prefires que o fagamos nós non hai ningún problema. O custo do servizo é de 100 euros anuais (IVE 21% non incluído) .
cal é a forma de pago?
A través de transferencia ou ingreso na nosa conta bancaria. Antes diso, con todo, enviarémosche un contrato con todas as condicións, sen sorpresas, de forma clara e detallada. O 50% do importe abónase antes de iniciar o proxecto e o outro 50% ao finalizar o encargo. Unha vez teñamos a túa conformidade e recibísemos a transferencia, poñerémonos ao choio para ter a túa web lista canto antes.
Hai que realizar mantemento á web?
Nós deixamos a túa web lista con todos os plugins de seguridade, antispam e copias. Con todo, cada certo tempo hai que actualizalos e verificar que todo está en orde. Ofrecemos un servizo de mantemento polo módico prezo de 10 euros ao mes (IVE 21% non incluído).
A web vén con Certificado ssl? E dirección de correo electrónico?
Por suposto, vén con todo. O certificado SSL o que fai é dicirlle ao navegante que o teu sitio web é seguro, así que é fundamental que estea presente. Nós ofrecemos este servizo de forma gratuíta, así como a configuración das diferentes direccións de correo electrónico que veñen o aloxamento. É dicir, para que poidas ter un correo profesional co dominio da túa web (exemplo: info@paxinarte.gal).
Que máis necesito para ter unha web 100% profesional?
Para que a túa páxina web sexa máis eficiente é recomendable que conte con SEO avanzado e aceleración web (podes consultar as nosas tarifas na área de SEO). Nós sempre recomendamos levar a cabo estas melloras, xa que son fundamentais para que a túa páxina web sexa máis rápida e para que apareza nos primeiros resultados en Google. Utilizar textos e imaxes profesionais tamén mellorará a súa presenza en liña. Podes botar un ollo ás nosas tarifas
da área de comunicación.
Contacto
Falamos?
mail:
info@paxinarte.gal
Teléfono:
611 611 707
Aviso legal
Os datos que proporcións mediante este formulario serán tratados por paxinarte.gal como responsables desta web.
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que che solicitamos é para xestionar a consulta que realizas neste formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Como usuario e interesado informámosche que os datos que nos facilitas estarán situados nos servidores de Dinahosting (provedor de aloxamento desta web) dentro da U.E. Ver Política de privacidade de Dinahosting.
O feito de que non introduzas os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios poderá ter consecuencia que non podamos atender a túa solicitude.
Poderás exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, limitación e suprimir os datos escribíndonos a rgpd@paxinarte.gal, así como o dereito para presentar unha reclamación #ante unha autoridade de control.
Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.